Entradas

365 días de respeto e igualdade

Imagen
Este ano procuramos aprender na aula que o respeto e a igualdade teñen que aplicarse os 365 días do ano. Nesta asignatura visibilizamos comentarios machistas hacia ás mulleres e ademais puxemos en valor a traxectoria profesional de once figuras femeninas que foron -e son- todo un exemplo.  Como conclusión de todo este curso, deseñamos este cartel para condensar os espazos de debate nas clases: todos somos iguais e todos merecemos un trato digno.  Esta mensaxe é a principal que quixen transmitir ao longo do ano. Co voso esforzo, a sociedade seguirá avanzando.  Gracias polo voso traballo!

Día internacional da muller traballadora

Imagen
No marco do día internacional da muller, que se celebra o oito de marzo, quixemos render homenaxe a once mulleres que viviron conforme aos seus ideais e que loitaron por defendelos. Once mulleres activistas, capaces, que non cederon a presións sociais, políticas ou científicas.  A historia, túzara, empéñase en borrar á muller dos seus libros e reducila a un rol de nai e esposa.  Estas mulleres intrépidas, ás veces heroínas, conseguiron cambiar o curso da historia e da sociedade. As que aquí retratamos fixeron unha achega notable en diversas áreas do coñecemento humano, ou se comprometeron a impulsar avances sociais dos que nos beneficiamos todos. Desde aquí o noso tributo ás mulleres que, co seu talento e esforzo, contribúen a facer deste mundo un lugar mellor. ROSALÍA DE CASTRO SERGIO DÍAZ PÉREZ 4º ESO FRIDA KHALO   SABELA GONZÁLEZ SOMOZA  4º ESO A ELEANOR ROOSEVELT TAMARA CASTRO LÓPEZ 4º ESO A MALALA ADRI...

Recoñece a liña vermella

Imagen
Escoitámolos, ás veces sen darnos conta, e forman parte da nosa vida cotiá. Parecen inofensivos, aínda que non o son porque, aos poucos, van calando e porque tendemos a banalizalos. Sobre todo, porque tendemos a banalizalos.  Son os comentarios que fan referencia ao corpo femenino, á súa vestimenta, ás actividades que pode realizar ou non, e que implicitamente infravaloran a súa intelixencia. Poden ser sexualmente ofensivos e tenden a cosificar á muller. É moi difícil cambiar a contorna e as actitudes machistas da xente que nos rodea, sobre todo cando están tan integrados, pero sí podemos ser máis conscientes deste tipo de agresións verbais e marcar unha liña vermella.