Recoñece a liña vermella




Escoitámolos, ás veces sen darnos conta, e forman parte da nosa vida cotiá. Parecen inofensivos, aínda que non o son porque, aos poucos, van calando e porque tendemos a banalizalos. Sobre todo, porque tendemos a banalizalos. Son os comentarios que fan referencia ao corpo femenino, á súa vestimenta, ás actividades que pode realizar ou non, e que implicitamente infravaloran a súa intelixencia.

Poden ser sexualmente ofensivos e tenden a cosificar á muller. É moi difícil cambiar a contorna e as actitudes machistas da xente que nos rodea, sobre todo cando están tan integrados, pero sí podemos ser máis conscientes deste tipo de agresións verbais e marcar unha liña vermella.






Comentarios

Entradas populares de este blog

365 días de respeto e igualdade

Día internacional da muller traballadora